«Zona de obras» de Brais das Hortas
Evento xa rematado
-
Data
6 agosto, 2019
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu organiza todos os martes de xullo e agosto un programa de monicreques para levar a cultura por todos os lugares e parroquias do municipio. Así, o 6 de agosto, Brais das Hortas representará o espectáculo «Zona en obras» a partir das 21 horas na Praza Massó.
SINOPSE: Atención! Esta contada está en obras. Si : está sen acabar. Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas… e a axuda do inestimable público.
Malo será que entre todos non acabemos estes contos cheos de música e ritmo. Contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se convirten en superstars…
A nova tolería de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.