Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXVI Festival Alborada de Manxadoira en streaming

Evento xa rematado

A Banda de Gaitas Manxadoira organiza o próximo 30 de decembro, ás 20.00 h, o Festival Alborada que nesta ocasión, e debido ás circunstancias da Covid-19, se transmitirá por streaming.

Este ano, o concerto será a cargo de Xosé Liz Cuarteto, quen presentará o seu espectáculo ‘O canto dos frautares’. O público atoparase , sobre todo a través das frautas e as requintas, un crisol de músicas populares e tradicionais do que viría sendo o folk no noroeste de Europa principalmente. O cuarteto fará soar temas de Portugal de Galicia, mais tamén de Escocia ou Finlandia, baseado nun fío condutor que son as frautas de madeira, ben acompañadas pola guitarra acústica, o violín e as percusións.

Xosé Liz é un músico de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego e a celtic music, cun percorrido artístico e didáctico de máis de dúas décadas. Fixo producións artísticas cos mellores artistas como Cristina Pato, SonDeSeu, Susana Seivane, Uxía etc.

O festival pode verse en directo dende a seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=wnth-R9TT7c&feature=youtu.be