XXV Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e o Club do Mar de Bueu – Teccarsa organizan o sábado 8 de agosto a XXV Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras, que se celebrará a partir das 18.00 h no peirao de Bueu.

A competición desenvolverase nun campo clásico, de 4 longos e 3 viradas por babor, completándose un percorrido regulamentado de 5556 metros, tendo a liña de saída, e chegada, na zona máis no oeste do peirao. A dirección do campo de regatas é dende a escollera cara ás praias de Agrelo-Portomaior.

Regulamento XXV Bandeira de traiñeiras Concello de Bueu 2020