Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXIII Romaría das Letras de Sanamedio

Evento xa rematado

A XXIII Romaría das Letras celebrarase o 17 de maio a partir das 12 horas no Adro de Sanamedio (Bon). O comezo das actividades será ás 12 horas coa actuación de Os Liboreiros, seguido de micro aberto das Letras Galegas. Pola tarde, despois do xantar popular no lugar, a cativada poderá gozar dun contacontos ilustrado no que o dúo Polo Correo do Vento dará a coñecer de forma amena a biografía de Luísa Villalta. Tamén haberá xogos populares, e convídase ás familias a xuntarse alí para o xantar como é habitual.