XXIII Carreira Pedestre San Martiño

Evento xa rematado

O municipio de Bueu será o escenario dun dos eventos con máis tradición polo San Martiño: a carreira pedestre, que este ano celebra o 11 de novembro a súa vixésimo terceira edición.

A carreira, que será eminentemente urbana, tomará a saída na Avda de Montero Ríos, á altura do Museo Massó a partir das 10 horas para as categorías inferiores (chupete, minibenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) e xa ás 12 horas celebrarase a carreira de seis quilómetros. Nesta poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 16 anos que se atopen ben fisicamente e que gocen de boa saúde en xeral.

Toda a información e inscrición neste evento debe facerse desde a seguinte ligazón:

Inscrición

Regulamento XXIII Carreira Pedestre San Martiño