Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Rutas Recoñecer Bueu

A Asociación A Illa dos Ratos organiza dende xullo a setembro o programa de rutas «Recoñecer Bueu ’26», que inclúe percorridos para coñecer o municipio dende unha ollada cultural, etnográfica e natural.

O programa iniciarase o 5 de xullo cunha ruta pola Senda do Litoral I, e continuará o 23 por Ermelo, o 8 de agosto será a quenda de «Massó, a orixe» e o 20 de agosto a Intermareal de Agrelo. Rematarase o o 6 de setembro coa repetición da Senda do Litoral I.

As inscricións poden facerse a través do teléfono de Whatsapp 611080853.