Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXII Xornadas Micolóxicas Liboreiro

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e a Agrupación Micolóxica Naturalista «Liboreiro» organizan do 18 ao 21 de novembro as XXII Xornadas Micolóxicas que se celebrarán no Centro Social do Mar a partir das 20.30 h.

O programa de conferencias é o seguinte:

Luns 18: «Cogomelos saprófitos», a cargo de Puri Lorenzo, do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.

Martes 19: «Os fungos na terapéutica» con Floro Andrés, do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.

Mércores 20: «Formas curiosas e rechamantes dos cogomelos» con Xulián Alonso, da Sociedade Micolóxica ‘Lucus’.

Xoves 21: «Cogomelos da madeira», con Xosé María Costa, da Asociación Micolóxica Naturalista Pan de Raposo de Cee.

 

Tamén, entre o 18 e o 24 de novembro poderase ver a exposición fotográfica «Fungos que frutifican sobre madeira», na que se recollen imaxes de Santy Corral, da Asociación Micolóxica Naturalista Liboreiro.