Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXI Xornadas Micolóxicas Liboreiro

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e a Agrupación Micolóxica Naturalista «Liboreiro» organizan do 19 ao 23 de novembro as XXI Xornadas Micolóxicas que se celebrarán no Centro Social do Mar.

O programa de conferencias é o seguinte:

Luns 19: «Como gozar dos cogomelos sen comelos. Outra maneira de ollar a micoloxía», a cargo de Santy Corral, da Asociación Micolóxica Liboreiro.

Martes 20: «Anfibios e réptiles no Morrazo», a cargo de Daví Álvarez Graña, técnico en recursos naturais e naturalista local.

Mércores 21: «Xénero Cantharelllus», a cargo de José Castro, da Sociedade Micolóxica Lucus.

Xoves 22: «Xénero Russula», por Puri Lorenzo, bióloga e especialista en micoloxía.

Venres 23: «Diversidade micolóxica en ecosistemas forestais», por Martín Souto, do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.