Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XXI Romaría das Letras Galegas en Sanamedio

Evento xa rematado

O 17 de maio, celebrarase a XXI Romaría das Letras, promovida pola Asociación Cultural de Sanamedio, e que encherá o Adro de Sanamedio de múltiples actividades reivindicativas e de lecer. A xornada iniciarase ás 12 horas do mediodía cun acto no que participarán o alumnado e o profesorado do CEIP Plurilingüe Montemogos de Beluso e que tamén constará dunha exposición. Despois haberá un recital poético con micro aberto, e unha actuación de música e baile tradicional con Pais de San Roque e Os Liboreiros. Ao longo de todo o día, no recinto colocarase unha cantina por parte do Bueu Atlético Balonmán, na que haberá bebidas, petiscos e bocadillos para quen non queira levar comida da casa. Pola tarde proxectarase o documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’ dirixido por  Beatriz Pereira; e tamén se poderá gozar de xogos populares, ademais dun espectáculo de regueifa con Lupe Blanco e Josiño, e da actuación da murga local ‘Os Mulos’, que rematarán cunha foliada.