Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XX Festa do Polbo: Visita da Praza de Abastos

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e Pescado Artesanal organizan o vindeiro sábado, 10 de agosto, unha visita pola Praza de Abastos co obxectivo de dar a coñecer este espazo e o porto, así como observar as distintas tipoloxías de embarcacións e artes de pesca. As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente en no correo electrónico comunicacion@concellodebueu.gal ou no teléfono 986 39 00 29 (ext. 2).

Na visita, que comezará ás 10.00 h da mañá, presentarase tamén o proxecto pescadoartesanal.com, que naceu coa finalidade de facilitar que os comercializadores poidan coñecer, antes da poxa, o peixe dispoñible para a venda nas diferentes lonxas. Así mesmo, busca mellorar a comercialización, implementar unha concentración de produto virtual, ou promover e dinamizar a pesca artesanal, entre outras.