Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XX Festa do Polbo: sesión vermú con Fanfarria Taquikardia

Evento xa rematado

No marco da programación da XX Festa do Polbo, o 10 de agosto, o grupo Fanfarria Taquikardia amenizarán a Carpa da Estacada na sesión vermú das 12.30 h. O repertorio deste grupo combina as melodías balcánicas con coñecidas pezas de música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, sempre con espírito de baile.