Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XX Festa do Polbo: concerto O Capitán Garfo

Evento xa rematado

O domingo 11 de agosto terá lugar no Campo da Estacada ás 19.30 h un concerto a cargo d’ O Capitán Garfo e o seu espectáculo «Cociñando música!». A actividade está organizada no marco da XX Festa do Polbo.

Cociñando música é un concerto de pop electrónico onde un particular Capitán Garfo prepara un nutritivo e divertido menú musical co que a rapazada aprende de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable, a poñer unha mesa ou a facerse amigas e amigos das verduras e ensaladas.