Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XX Campionato Galego Patinaxe Artística Show

Evento xa rematado

O Club Ánfora de Patinaxe Artística, a Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Bueu organizan este domingo, 28 de marzo o XX Campionato Galego de Patinaxe Artística Show, que se celebrará no Pavillón Municipal Pablo Herbello. Así o anunciou na rolda de prensa deste xoves Alberto Covelo, presidente do Club Ánfora, quen avanzou que “a competición será sen público e retransmitida para todos os seguidores e seguidoras desta atractiva modalidade na páxina web da Federación Galega de Patinaxe”.

Esta competición, da que sairán os grupos que representarán a Galiza no próximo Campionato de España, terá lugar durante todo o día. Pola mañá, a partir das 9.45 horas, comezarán os adestramentos e as competicións dos grupos grandes, conformados por máis de dezaseis patinadores/as. Xa pola tarde, ás 16 horas, iniciaranse os adestramentos e competicións dos grupos pequenos, integrados por entre seis e doce patinadores/as.

Dende a organización salientan que “é a primeira vez que esta campionato se celebra na vila bueuesa, e supón un orgullo, sobre todo porque é un dos máis importantes a nivel galego”. O presidente do Club Ánfora quixo agradecer ao Concello de Bueu pola dispoñibilidade do pavillón, que permite acoller esta proba na que se agardan preto de 200 patinadores e patinadoras.

Pola mañá participarán oito clubs grandes, que son C.P.A Ribex (Tui), Patin Porriño, C.P.A. Soutomaior, C.P. Ribeira, Carpa Viqueira (Vigo), C.D. Fontiñas (Santiago), Ánfora P.A. (Cangas) e C.P.A. Valladares (Vigo). E pola tarde, o show será a cargo de nove clubs: Ánfora P.A. (Cangas), Patiart Coristanco, C.P.A. Brincadeira (A Coruña), C.P. Campus Stellae (Santiago), C.P.A. Condado (Salvaterra), C.P.A. Gondomar, C. Patin Axel (Arteixo), C.P. Alquimia (Carral) e C.P.A. Omega (Ames).