Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XX Aniversario Dakidarría

Evento xa rematado

O Aparcadoiro de As Lagoas encherase de máis música o 18 de maio a partir das 22.30 horas co concerto do XX aniversario de Dakidarría, que recala en Bueu grazas ao programa + Música da Deputación Provincial de Pontevedra.

DAKIDARRÍA Historias dunha terra de cuncas e de mar.

Tras máis de 20 anos desde a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a DAKIDARRÍA como unha banda histórica no panorama galego e estatal.

DAKIDARRÍA fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se chegan a incluír ata doce linguas diferentes. O seu prato forte son os directos, atrevéndose tanto con salas pequenas como con grandes festivais. Demostraron en cada xira que o seu é a festa encima e debaixo do escenario.

A agrupación musical retoma a estrada neste 2024 para descargar en cada escenario a emoción, a enerxía e a adrenalina que se desprende en «XX» o seu novo disco en directo rexistrado en dous festivais emblemáticos da súa terra como son Revenidas e Castañazo Rock.