Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XV Festa do Viño Tinta Femia

Evento xa rematado

A Asociación de Viticultores de Bueu organiza a XV Festa do Viño Tinta Femia, que se celebrará do 6 ao 8 de xullo no Igrexario de Cela.

O evento celebra este ano a décimo quinta edición, tras recuperarse o pasado 2016 despois dun parón de varios anos. O venres ás 20 horas darase o pistoletazo de saída, para dar paso a unha actuación de Manolo e Ramón, un dúo de acordeóns, e pechar coa Foliada a cargo do grupo de gaitas Retrouso de Cela. O sábado será o día grande, e os festexos comezan ás 12.30 horas cun pasarrúas a cargo da Asociación Folclórica Recordos da Nosa Terra. Ás 13.30 entregarase un agasallo a Antonio Portela, Vicepresidente da Asociación Galega de Sumilleres e colaborador da festa, e a continuación Manuel Villanueva, director de contidos de Mediaset España, Telecinco e Cuatro lerá o pregón da festa. Xa pola noite, a festa estará amenizada polo grupo folclórico Vento mareiro.

O domingo, ás 12.30 horas está programada unha cata cega dos catorce viños da festa seguida dunha actuación musical de Retrouso de Cela. Pola tarde, arredor das 19.00 h, entregaranse os premios da cata de colleiteiros e sortearase viño tinta femia e xamón ibérico.