Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas sobre a historia da pesca do Polbo de Bueu

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e a Confraría de Pescadores San Martiño de Bueu organizan o venres 28 de agosto, ás 21.30 h, unhas xornadas sobre a historia da pesca do Polbo de Bueu, que se celebrarán no Estaleiro da Banda do Río.

O programa constará dunha charla a cargo de José Manuel Rosas, patrón maior da Confraría de Pescadores. Previamente, ás 21.00 h, homenaxearase ao mariñeiro Francisco Villar Lemos.

As inscricións teñen que facerse na web municipal.