Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas pola Diversidade Afectivo – Sexual: Actuación de Meiga-i

Evento xa rematado

O venres 2 de xullo, ás 21.00 horas, celebrarase o espectáculo “A Drag Pandeireteira” a cargo de Meiga-i na Praza Massó, despois da que terá lugar un faladoiro arredor do mundo drag e da súa experiencia persoal. “A Drag Pandeireteira” mestura a tradición coa reivindicación, e na que atoparemos espíritos de cantareiras galegas que posuirán á Meiga-i.

Esta actividade culmina o programa das IV Xornadas pola Diversidade Afectivo – Sexual que organiza o Concello de Bueu co obxectivo de reivindicar os dereitos de todas as persoas a expresarse e amar libremente.