Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas O legado do Bueu republicano no tempo: «Xulio Formoso, un cantautor no exilio»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza as Xornadas ‘O legado do Bueu republicano no tempo: exilio e obra gráfica’, que se celebrarán os días 19, 21, 26 e 28 de agosto, ás 21.00 h na sala multiusos do Centro Social do Mar.

O 26 de agosto, Francisco Rodríguez Pastoriza impartirá a conferencia «Xulio Formoso, un cantautor no exilio», que contará coa presentación de Loli Docampo. Previamente, haberá unha pequena actuación de Emilio Rodríguez Miranda, quen interpretará temas de Formoso.

A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario da páxina do Concello.