Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas ‘O legado do Bueu republicano no tempo: exilio e obra gráfica’

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza as Xornadas ‘O legado do Bueu republicano no tempo: exilio e obra gráfica’, que se celebrarán os días 19, 21, 26 e 28 de agosto, ás 21.00 h na sala multiusos do Centro Social do Mar. O programa das xornadas é o seguinte:

19 de agosto

«Bueu no exilio ruso», impartida por Arturo Sánchez coa presentación de Loli Docampo.

21 de agosto

«Federico Ribas. Sol e néboa no Bueu do 36», impartida por Enrique Acuña coa presentación de Xaime Toxo.

26 de agosto

«Xulio Formoso, un cantautor no exilio», impartida por Francisco Rodríguez Pastoriza coa presentación de Loli Docampo. Previá á conferencia, terá lugar unha pequena actuación de Emilio Rodríguez Miranda.

28 de agosto

«Alberto Fernández Mezquita, o noso home na sombra», impartida por Xurxo Martínez Crespo, coa presentación de Xaime Toxo.

As persoas que queiran asistir deberán cubrir previamente un formulario electrónico, dispoñible nesta mesma páxina web.