Xornadas de atención á infancia
Evento xa rematado
-
Inicio
29 abril, 2024
11:30 am -
Fin
29 mayo, 2024
5:00 pm -
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Servizo de Atención Temperá (SAT) organiza unhas «Xornadas de atención á infancia», que serán impartidas por Susana Lorenzo Vázquez, terapeuta ocupacional de COESCO Formación.
A primeira das charlas leva por título «Entender as crianzas dende o seu perfil sensorial» e terá lugar o 29 de abril ou ás 11.30 ou ás 17 horas. Continuarán o 7 de maio, ás mesmas horas, «Sinais de alarma de 0-6 anos», o 23 de maio, con «O xogo como ferramenta de aprendizaxe», e o 29 de maio, con «Axudas, recursos e trámites para familias con diversidade funcional».
As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico sat.Bueu@coescoformacion.com, no teléfono 628867812 ou no SAT en horario de atención.