Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas de atención á infancia: «O xogo como ferramenta de aprendizaxe»

O Servizo de Atención Temperá (SAT) organiza unhas «Xornadas de atención á infancia», que serán impartidas por Susana Lorenzo Vázquez, terapeuta ocupacional de COESCO Formación.

O 23 de maio desenvolverase a charla «O xogo como ferramenta de aprendizaxe» e terá lugar no Centro Social do Mar ou ás 11.30 ou ás 17 horas. Nela abordarase o xogo como piar para a construción das habilidades superiores.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico sat.Bueu@coescoformacion.com, no teléfono 628867812 ou no SAT en horario de atención.