Xornadas de atención á infancia: «Entender as crianzas dende o seu perfil sensorial»
Evento xa rematado
-
Data
29 abril, 2024
-
Hora
11:30 am - 5:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Servizo de Atención Temperá (SAT) organiza unhas «Xornadas de atención á infancia», que serán impartidas por Susana Lorenzo Vázquez, terapeuta ocupacional de COESCO Formación.
A primeira das charlas leva por título «Entender as crianzas dende o seu perfil sensorial» e terá lugar o 29 de abril ou ás 11.30 ou ás 17 horas. Nesta charla buscarase entender que sentidos inflúen na autonomía e na socialización dos nenos e nenas.
As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico sat.Bueu@coescoformacion.com, no teléfono 628867812 ou no SAT en horario de atención.
