Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas de atención á infancia: «Axudas, recursos e trámites para familias con diversidade funcional»

Evento xa rematado

O Servizo de Atención Temperá (SAT) organiza unhas «Xornadas de atención á infancia», que serán impartidas por Susana Lorenzo Vázquez, terapeuta ocupacional de COESCO Formación.

O 29 de maio desenvolverase a charla «Axudas, recursos e trámites para familias con diversidade funcional» e terá lugar no Centro Social do Mar ou ás 11.30 ou ás 17 horas. Nela informarase sobre as subvencións económicas existentes e organismos que axudan a tramitalas.

As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do enderezo electrónico sat.Bueu@coescoformacion.com, no teléfono 628867812 ou no SAT en horario de atención.