Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas da memoria histórica

Evento xa rematado

A Asociación de Amigos de Johán Carballeira, en colaboración co Concello de Bueu e a Deputación de Pontevedra, organizan as xornadas da memoria histórica, que inclúen os seguintes eventos:

  • 16-30 de abril, no 1º andar da Praza de Abastos, poderase ver a mostra «Rexas. Mulleres baixo o terror franquista»un traballo da Deputación de Pontevedra e comisariado por Montse Fajardo. Nesta mostra, que xa viaxou por varios concellos da provincia, recóllense case oitenta fotografías que rescatan as historias persoais de 172 mulleres pontevedresas que sufriron a represión. O acto inaugural será ás 20.00 horas e contará cunha charla a cargo da xornalista Montse Fajardo, que ten investigado moito sobre a memoria histórica, e é autora de libros como Un cesto de mazás ou Matriarcas
  • 17 abril, 20.00 h, no monumento a Johán Carballeira: coincidindo co 71º aniversario do fusilamento de Carballeira, terá lugar unha ofrenda floral xunto ao monumento na súa honra que se atopa ao comezo da praia da Banda do Río.
  • 18 abril, 20.00 h, no 1º andar da Praza de Abastos: presentación de Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, con Carlos Babío, coautor xunto a Manuel Pérez, deste libro publicado pola Fundación Galiza Sempre e que recolle unha investigación de máis de tres décadas arredor do espolio do Pazo de Meirás.