Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas Bueu Gozosos Anos 30: festa temática na Praza Massó

Evento xa rematado

O programa das «Xornadas Bueu Gozosos Anos 30» culminará por todo o alto na fin de semana do 19 ao 21 de abril cunha festa de época na Praza Massó na que se intentará recrear aqueles anos 30. Entre as actividades programadas para estes tres días destacan a ruta teatralizada que sairá do Parque Ramal dos Galos o venres ás 18 h e na que se explicará ese Bueu dos anos 30. Ás 21 h na carpa da Praza Massó, o grupo Oradaladou porá a música.

O sábado, a xornada comezará no Parque do Ramal dos Galos cunha nova ruta teatralizada ás 11.30, seguida de contacontos a cargo de “Polo Correo do Vento” e cancións populares de taberna na carpa. A xornada culminará ás 21 h cun concerto das Aureas.

O domingo, o Mago Bugarín actuará ás 18 h na carpa, e pola noite, “Música nas velas”, a cargo de Xurxo Souto e o Orfeón Mariñeiro do Berbés. Cun forte espazo para a tradición, esta festa incluirá tamén xogos populares, cuxo horario será de 11.30 a 12.30 e de 16.30 a 20 h o sábado, e de 11.30 a 14.00 e 16.00 e 18.00 h o domingo.