Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornadas Bueu Gozosos anos 30: Acto homenaxe a Johán Carballeira

Evento xa rematado

Coincidindo coa celebración do 82º aniversario do fusilamento de Johán Carballeira, o 17 de abril terá lugar ás 19.30 h a tradicional ofrenda floral xunto ao monumento da Banda do Río, un acto organizado pola Asociación de Amigos de Johán Carballeira, ao que se unirá a presentación do libro A obra xornalística de José Gómez de la Cueva, do xornalista Francisco Rodríguez e publicado por Edicións Laiovento. Nel recóllense e analízanse os traballos xornalísticos do que fora alcalde de Bueu.