Xornada de Sensibilización sobre a Trata 2.0
Evento xa rematado
-
Data
20 octubre, 2023
-
Hora
10:00 am - 12:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
Co galo do día Europeo contra a Trata de Seres Humanos, Accem organizará a Xornada de Sensibilización sobre a Trata 2.0, que se celebrará o próximo 20 de outubro no Centro Social do Mar de Bueu, entre as 10.00 e as 12.00 horas da mañá.
Nesta ocasión poñerase o foco na importancia das redes sociais como novas ferramentas de captación de menores en entornos dixitais por parte de redes organizadas de trata e/ou explotación sexual.
Para achegarse a esta nova realidade e o impacto que está a ter na infancia e adolescencia contarán coa participación de Diaconía, entidade con ampla experiencia neste ámbito no que están a desenvolver o programa #desactivalatrata, de sensibilización en materia de trata de persoas, sinaladamente con fins de explotación sexual.
Ao longo da xornada presentarase a traxectoria de Accem Galicia na loita contra a trata sexual, facendo especial fincapé no eido da prevención e facilitando ferramentas para traballar neste sentido desde o sector socio-educativo.