Xornada de portas abertas no SAT
Evento xa rematado
-
Data
14 junio, 2024
-
Hora
12:30 pm - 2:00 pm
Con motivo do Día da Atención Temperá, que se celebra este 16 de xuño, o Concello de Bueu, reivindica o Servizo de Atención Temperá (SAT), e no que se promove a igualdade, a saúde e a inclusión social da poboación infantil, de entre 0 e 6 anos, que presente algún trastorno de desenvolvemento ou que estea en risco de padecelo.
Por iso, o venres 14 de xuño vai ter lugar unha xornada de portas abertas no servizo, que recibirá ás familias e persoas que desexen obter máis información entre as 12.30 e as 14 horas nas Galerías de Montero Ríos 99, local 11-12.