Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornada de atención á infancia

Evento xa rematado

O Servizo de Atención Temperá do Concello de Bueu organiza unhas xornadas de atención á infancia, que constarán de varias charlas formativas a cargo da terapeuta ocupacional Susana Lorenzo Vázquez. A primeira delas titúlase «Entender a conduta» e poderá seguirse ou o 2 de abril ás 11.30 ou o 8 de abril ás 17 horas. A segunda fai referencia aos «Trastornos de alimentación pediátrica» e celebrarase ou o 2 de abril ás 17 horas ou o 8 de abril ás 11.30 horas.

Todas as charlas terán lugar no Centro Social do Mar e as persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente no teléfono 628867812, no enderezo electrónico sat.bueu@coescoformacion.com, ou no SAT en horario de atención presencial.