Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xornada de Asesoramento en proxectos relacionados co mar

Evento xa rematado

O GALP Ría de Pontevedra organiza unha Xornada de Asesoramento en proxectos relacionados co mar, que terá lugar o 10 de decembro, entre as 18.00 e as 20.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.

Estas axudas están orientada a proxectos que melloren a competitividade do sector pesqueiro a través da posta en valor do produto, da mellora
dos procesos produtivos, a formación  e capacitación dos traballadores, da mellora das condicións do sector. Tamén a proxectos que contribúan á diversificación e xeración de actividade económica no litoral, promovendo novas Iniciativas económicas a partir dos recursos mariños e patrimonio costeiro, así como proxectos ambientais que contribúan a mellorar as condicións ambientais ou concienciación ecolóxica.

Máis info: 604022612 / galppontevedra@gmail.com