Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XIX Romaría das Letras Galegas

Evento xa rematado

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, e en Sanamedio (Bon, Beluso) organízase a XIX Romaría das Letras. O programa comezará ás 12 horas co pregón a cargo de Nela Álvarez Lozano, e a actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque, Grupo de Gaitas Os Liboreiros, María Soliña, Os Chaneiros de Marín, Os Mulos e a Asociación Cultural Retrouso de Cela.

Ademais haberá xogos populares, sorteos e agasallos e concurso de debuxo para nenos/as.