XIII Bandeira de Bateis
Evento xa rematado
-
Data
12 marzo, 2023
-
Hora
11:00 am - 1:00 pm
- A proba tomará saída do peirao bueués ás 11.00 h e nela agárdase a participación de máis dun cento de embarcacións
- O percorrido sairá do peirao de Bueu cara a zona da Robaleira, variando as distancias segundo as categorías
O Club do Mar de Bueu – Simei e o Concello de Bueu, organizan este domingo, 12 de marzo, a XIII Bandeira de Bateis, unha regata na que se agarda a participación de máis dun cento de embarcacións.
Esta actividade, que xa vén sendo unha proba clásica no calendario de regatas de Bateis da Zona Sur, terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías. O percorrido sairá dende o peirao de Bueu cara á praia da Robaleira, e as distancias variarán segundo as categorías, que son Alevín Feminina, Infantil Feminina, Cadete Feminina, Xuvenil Feminina e Absoluta Feminina; e Alevín Masculino, Infantil Masculino, Cadete Masculino, Xuvenil Masculino e Senior Masculino.
A organización agarda a participación de máis dun cento de embarcacións dos clubs Samertolameu, Tirán, Chapela, Virxen da Guía, Vila de Cangas, Coruxo, Cesantes, Robaleira, Amegrove, Mecos, Vilaxoán, Bueu e Cabo de Cruz que virán como convidados. Deles, 41 barcos son de categorías femininas, e 61 das masculinas.
Tal e como se establece no regulamento, as traiñeiras gañadoras nas categorías masculina e feminina faranse cunha bandeira conmemorativa da proba, para os clubes que acaden maior puntuación nas diferentes regatas. Así mesmo, haberá medallas para os barcos clasificados en cada categoría.