Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XI Travesía a Nado Udra- Pescadoira

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e o Club de Atletismo Corredoiras celebran o 20 de xullo, a XI Travesía a Nado Udra – Pescadoira, que ten como obxectivo concienciar sobre a rexeneración deste último areal tal e como vén sendo habitual nos últimos anos.

Ao igual que cada ano, haberá tres saídas diferentes, que variarán segundo a escolla do nadador/a. A primeira sairá ás 11.00 e ás 11.15 horas da praia de Ancoradouro, cunha distancia a percorrer de 7500 metros. A seguinte será dende Mourisca ás 12 horas, e consta de 4000 metros, e a última será dende a praia de Beluso ás 12.40 horas, e un percorrido de 1500 metros.

Toda a información e inscricións en www.galitiming.com.