Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Violencias sexuais: da denuncia individual á acción colectiva

Evento xa rematado

A Sala Domínguez Búa acollerá o 21 de novembro a charla ‘Violencias sexuais: da denuncia individual á acción colectiva’, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.  A actividade terá lugar ás 19.00 h e contará coa presenza de Georgina de los Ángeles Molina Rivera, activista feminista defensora de dereitos humanos en Nicaragua, e Lola Ferreiro Díaz, activista feminista galega.