VII Bandeira de Traineriñas Concello de Bueu
Evento xa rematado
-
Inicio
14 mayo, 2022
5:30 pm -
Fin
15 mayo, 2022
2:00 pm
- O sábado terán lugar as clasificatorias e o domingo as finais, e agárdase a participación de embarcacións de dez clubs
O peirao de Bueu acollerá esta fin de semana a VII Bandeira de Traineriñas Concello de Bueu, organizada polo Club do Mar de Bueu- Teccarsa e o Concello de Bueu. Esta actividade celebrarase o sábado a partir das 17.30 horas coas probas clasificatorias, mentres que o domingo ás 11.30 horas disputaranse as finais. Terá o formato de regata en liña, en quendas lanzadas na mesma categoría, cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as distintas categorías.
No campionato participarán traiñeiriñas das categorías xuvenil masculino, xuvenil feminino, absoluto masculino e absoluto feminino. A organización agarda a participación de diversas embarcacións dos clubes da Zona Territorial Sur, concretamente do C.R. Chapela, S.D. Samertolameu, C.R. Meira, C.R. Vila de Cangas, Amegrove C.R., C.R. Mecos, C.C.D. Cesantes, S.D. Tirán, C.R. Robaleira e Club do Mar Bueu – Teccarsa.
O percorrido consta de 3500 metros e irá dende o peirao de Bueu cara a praia de Portomaior.
Tal e como se establece no regulamento, as traiñeiriñas gañadoras na categorías faranse cunha bandeira conmemorativa da proba e clasificaranse para o campionato galego.