Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

VI Escolas de Verán Pablo Herbello

Cartel VI Escolas de Verán Pablo Herbello

Evento xa rematado

O Bueu Atlético Balonmán organiza as VI Escolas de Verán Pablo Herbello que se celebrarán do 1 ao 26 de xullo, e nas que os máis pequenos e pequenas terán a oportunidade de aprender balonmán ademais doutros deportes acuáticos, rutas de sendeirismo, saídas culturais, etc. Coma todos os anos, está programada unha saída de 3 días e 2 noites, así como diferentes saídas dun día completo.
Como novidade, a organización pon en marcha o denominado: «PLAN MADRUGA-ESPERO POR TI». Cada rapaz/a que por motivos laborais dos pais/nais lle veña mellor chegar media hora antes do inicio e marchar media hora despois da finalización, terá uns monitores que farán a labor de esperar e inclusive de almorzar no propio centro deportivo antes do inicio das actividades.

A inscrición é dende o día 12 ata o 21 de Xuño, directamente na Oficina 1 do Pavillon Pablo Herbello (luns, mércores e venres das 18.00 ás 20.00 horas).

DÍPTICO_INSCRICIÓN