V Xuntanza Cabalar en Chans

Evento xa rematado

O vindeiro sábado, 16 de xuño, desenvolverase a V Xuntanza Cabalar de Chans, organizada pola Asociación Cabalar “Ponte ás catro patas”, coa colaboración do Concello de Bueu. A ruta comezará ás 16 horas cunha saída ata Ermelo, e volta a Chans en torno ás 22.30 horas para unha cea conxunta.

As previsións son que se superen as máis de 200 persoas que cabalgaron o ano pasado,  xa que a resposta é cada vez máis activa por parte dos afeccionados da contorna e de fóra de Bueu.

As inscricións están abertas ata este mércores,13 de xuño, por un custe de 25 € por persoa (a partir de 12 anos) a través dos teléfonos 661 203 331 (Chuco) e 655 716 938 (Roke).  Dito prezo incluirá un bocadillo para cada xinete e unha gorra, ademais dunha cea composta de petiscos  (mini – hamburguesa e lacón á galega), paella, croca con patacas ou ensalada, sobremesa e café. Ao remate, haberá sorteo de produtos de hípica e agrícolas da man de establecementos colaboradores e animación a cargo dun DJ.