Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

V Bandeira de Traineriñas

Evento xa rematado

Como xa vén sendo habitual, o Club do Mar de Bueu Teccarsa, organiza este sábado, 11 de maio, a V Bandeira de Traineriñas, que se desenvolverá na modalidade en liña e que contará coa participación de preto de duascentas persoas de varias tripulacións de Samertolameu, Tirán, Chapela, Coruxo, Mecos, Amegrove, Cesantes, Vilaxoán, Virxe da Guía e Bueu.

A regata, que conta coa colaboración do Concello de Bueu, sairá ás 17.00 horas en tandas separadas dende o peirao de Bueu ata a praia de Agrelo (cun percorrido de 3.400 metros) e premiará cunha bandeira ás categorías absoluta feminina, xuvenil masculino e senior masculino.

Normativa V Bandeira de traineriñas Concello de Bueu 2019