Unha visión única das Illas Atlánticas
Evento xa rematado
-
Data
30 septiembre, 2023
-
Hora
4:30 pm - 8:00 pm
A Fundación Igual Arte propón promocionar as Illas Atlánticas dende un plano máis artístico e cultural. Para iso empregarán a cultura como unha ponte de conexión coa cidadanía, a través do proxecto ‘Illas Atlánticas de Son e Cor’ realizado no marco das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR)- financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU para os anos 2022-23 (MT821A).
A idea é favorecer o acceso e o coñecemento doutras realidades nunha linguaxe universal e por en valor este Parque Nacional. O sábado 30 de setembro, a partir das 16.30h, poderase ver na Aula da Natureza de Cabo Udra a exposición onde se recollen diversos elementos propios de cada illa. Mediante a experimentación da cor e as formas, elementos característicos do grupo de diseño da entidade, Diseñatas, logran captar a esencia pola que o conxunto das Illas Atlánticas é un paraíso natural. A exposición estará composta de doce láminas. Ese mesmo sábado ás 19h pecharase a xornada coa actuación do grupo de música folk ‘De tapas’, que a través das súas melodías porá unha exquisita banda sonora á panorámica da Illa de Ons.