Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Un Nadal de Lecer

Evento xa rematado

Ademais da programación xeral, este ano ponse en marcha “Un Nadal de lecer”, un conxunto de actividades e obradoiros que se desenvolverán nas instalacións da piscina municipal de Bueu, e que incluirán deporte e cultura.

O sábado 23, entre as 11 e as 13 horas, o artista local Marc Taeger impartirá un obradoiro artístico; o 27 terá lugar unha xornada aberta de xogos de mesa, entre as 17 e as 19.30 horas; o 30 de decembro, ás 17 horas celebrarase o Torneo de xadrez; o 2 de xaneiro será a festa “Emociónate co Nadal de Bueu”, entre as 16 e as 20 horas, na que se traballarán as emocións en contacto co xogo; o xoves 4 será o torneo 3 x 3 de fútbol sala que se desenvolverá entre as 11 e as 13 horas no Pavillón Pablo Herbello; o 6, no Pavillón de Deportes de Beluso disputarase o torneo de cachiza a partir das 16 horas; e o 7 de xaneiro, o II Torneo de Ping-pong das 11 ás 13 horas, e o I Torneo SubastaNadal a partir das 15.30 horas. Ademais, nestas semanas habilitaranse varias salas da piscina para que os mozos e mozas poidan xogar a ping-pong ou futbolín, entre outros xogos.