Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Torneo de Chave As Lagoas

Evento xa rematado

As Lagoas será o escenario elixido para a celebración o próximo sábado, 13 de outubro, dunha nova edición do Torneo de Chave, organizado pola Asociación Tiro Chave do Morrazo coa colaboración do Concello de Bueu. 

A xornada desenvolverase entre as 16 e as 20 horas na mazá urbana das Lagoas, e terá a modalidade de xogo por parellas. As inscricións están abertas ata o mesmo día (no teléfono 606500646).

O torneo terá dúas modalidades: unha competitiva e outra amateur, esta última destinada a fomentar a disciplina entre as persoas que queiran coñecela, e por iso vai destinada a todos os públicos.

Ao remate, que está estipulado para as 20.00 horas, os e as participantes poderán degustar uns petiscos, e farase entrega dos trofeos.