Torneo da Banda do Río
Evento xa rematado
-
Inicio
1 julio, 2022
Evento todo o día -
Fin
24 julio, 2022
Evento todo o día -
Banda do Río
Rúa Banda do Río
A Agrupación Deportiva de Fútbol Sala Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu, organiza este ano o Torneo de Fútbol Sala na pista da Banda do Río. As probas arrancarán o 1 de xullo e estenderanse ata o 24, coas categorías masculina, feminina e promesa (nacidos entre 2005 e 2008. O prezo da inscrición é de 100, 80 e 50 euros, respectivamente.
A inscrición pode realizarse dende un formulario de Google.