Talleres asesoramento GALP Ría de Pontevedra
Evento xa rematado
-
Data
18 febrero, 2020
-
Hora
10:00 am - 8:00 pm
-
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
A Sala Amalia Domínguez Búa acolle o 18 de febreiro uns talleres de asesoramento dirixidos a persoas solicitantes de proxectos relacionados co mar e financiados polo GALP Ría de Pontevedra.
A charla para proxectos produtivos será de 10.00 a 12.00 h, e para os non produtivos, de 18.00 a 20.00 h.
AS AXUDAS
A primeira convocatoria de axudas para este 2020 estará aberta ata o 2 de marzo e poden presentarse a elas aqueles proxectos empresariais que promovan o desenvolvemento da contorna da Ría de Pontevedra. O GALP dispón de máis dous millóns de euros para os proxectos que se presenten a esta convocatoria. Os importes divídense entre os proxectos produtivos que superan o millón e medio de euros repartidos en tres anualidades o os proxectos non produtivos que repartirán un importe de case 550.000 euros tamén en tres anualidades.
As axudas poderán conseguir ata o 50 % do investimento, que pode chegar ata o 80% para proxectos vinculados á pesca costeira artesanal. Pola súa banda, nos proxectos non produtivos con finalidades non económicas, que cumpran determinados requisitos, a axuda pode ser do 100 % de subvención.
Nas sesións que se levarán a cabo nos concellos de Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño analizaranse os proxectos que poden recibir estas axudas así como os pasos a seguir para converter en realidade unha idea de negocio.
Anualmente preséntanse dúas convocatorias para subvencionar aqueles proxectos que se orienten cara a promoción de procesos e produtos pesqueiros de calidade e orixe local, e os que aínda relacionados con outros sectores de actividade contribúan a dinamizar e beneficiar o tecido socioeconómico da área de influencia do GALP con proxectos que xeren emprego e axuden a fixar xente no territorio, que poñan en valor e conserven o patrimonio cultural e medioambiental e que, en definitiva,
repercutan positivamente no benestar social.
A través destas axudas, o GALP Ría de Pontevedra apoiou nos últimos anos proxectos do máis diverso, desde melloras en instalacións portuarias até rutas turísticas pasando por programas gastronómicos e de divulgación da cultura mariñeira.
O GALP quere animar a participar nestas xornadas de asesoramento a toda persoa con algunha idea de negocio a desenvolver no seu territorio.
Máis info: http://www.galpriadepontevedra.org/