Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Taller de cociña con algas

Evento xa rematado

A Asociación de Diagnosticad@s  de Cancro de Mama (ADICAM) organiza o martes, 20 de marzo, ás 18.00 horas, un taller de cociña con algas no 2º andar da Praza de Abastos, con entrada libre e gratuíta (sen inscrición previa) para todas as persoas interesadas. O obradoiro será impartido por Gustavo Soliño da Taberna Pan de Millo de Coiro (Cangas).