Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Sons no Urbano!

Evento xa rematado

O Aparcadoiro de As Lagoas encherase de música o 16 de maio con “Sons no Urbano!”, coas actuacións de Xosé Lois Romero e Aliboria, The Skarnivals e M@3DJ, das que se poderá gozar de balde a partir das 21.30 horas. A música tradicional de Xosé Lois e Aliboria chega a Bueu no marco do programa Musigal da Deputación de Pontevedra, e a continuación o grupo local The Skarnivals presentarán algúns dos temas do seu novo disco “Latexos”.