Semana do Xogo Tradicional
Evento xa rematado
-
Inicio
14 agosto, 2018
11:30 am -
Fin
17 agosto, 2018
1:00 pm -
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
A concellaría de deportes organiza a próxima semana, concretamente os días 14,16 e 17 de agosto, a Semana do Xogo Tradicional na Praza Massó entre as 11.30 e as 13.00 horas.
A actividade está aberta a todos os públicos, e non precisa inscrición previa. O obxectivo é impulsar o uso dos espazos públicos pola comunidade, así como achegar as tradicións aos máis pequenos e pequenas, ao tempo que se incrementan as relacións interxeracionais.