Semana da música: Charla ‘Lei, músicos e festivais: respostas dun avogado a preguntas frecuentes’
Evento xa rematado
-
Data
20 junio, 2018
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Sala Amalia Dominguez Búa
Eduardo Vincenti, 2 36930 - Bueu
Continuará a semana coa charla sobre ‘Lei, músicos e festivais: respostas dun avogado a preguntas frecuentes’, a cargo do avogado experto Xabier Alonso quen intervirá na Sala Domínguez Búa o mércores ás 21 horas. O obxectivo desta presentación é explicar a lexislación autonómica aprobada recentemente para o desenvolvemento de espectáculos musicais, polo que vai destinada sobre todo a colectivos da vila, así como a grupos musicais e locais de hostalaría.