Semana da Muller: Presentación do libro ‘As fillas da Manola’ de María López Correa
Evento xa rematado
-
Data
12 marzo, 2021
-
Hora
8:00 pm - 9:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Concello de Bueu organiza o venres 12 de marzo a presentación do libro As fillas da Manola, de María López Correa, no marco das actividades da ‘Semana da Muller’, nas que se reivindica a igualdade entre homes e mulleres coincidindo co Día Internacional das Mulleres. As persoas que desexen asistir a este acto, que se celebrará ás 20.00 h na Sala Multiusos do Centro Social do Mar, deberán inscribirse previamente a través do formulario web.
Este relato foi galardoado co IX Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, e nel cóntanse catro historias de diferentes mulleres emparentadas entre si, unidas pola soidade ante os atrancos das súas vidas, e a través das que se realza a importancia da creación dunha rede de apoio entre elas.