Rutas Sabor e mar
Evento xa rematado
-
Inicio
6 septiembre, 2023
Evento todo o día -
Fin
16 septiembre, 2023
Evento todo o día
O Concello de Bueu porá en marcha este verán un programa de rutas baixo o lema de ‘Sabor e mar’, co que se busca achegar os recunchos naturais, culturais e gastronómicos da vila. As rutas, que tiveron moi boa acollida os pasados anos, desenvolveranse os xoves. Para participar nelas precísase inscrición previa no correo turismo@concellodebueu.gal, ou no teléfono 986390029 (ext.5). Estas camiñadas comezarán ás 10.00 h, e constarán dunha ruta guiada e a elaboración dunha tapa mariñeira por parte dunha cociñeira profesional, que se poderá degustar ao remate na Praza de Abastos.
O obxectivo é, pois, dar a coñecer o patrimonio natural e inmaterial da contorna, tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.