Rutas de sendeirismo verán 2020
Evento xa rematado
-
Inicio
18 julio, 2020
10:00 am -
Fin
29 agosto, 2020
1:00 pm
O Concello de Bueu porá en marcha este verán un programa de rutas de sendeirismo para a divulgación do patrimonio natural e cultural da vila. O programa desenvolverase todos os sábados entre o 18 de xullo e o 29 de agosto, por parte de persoal especializado da empresa Estela Arqueoloxía e Patrimonio, e aplicaranse medidas anti- Covid, como uso obrigatorio da máscara e o mantemento das distancias de seguridade. Para cada ruta habilitaranse vinte e cinco prazas e as persoas interesadas deberán inscribirse previamente a través do teléfono 986 324 457 ou no correo electrónico turismo@concellodebueu.gal.
O 18 de xullo será a primeira das saídas, que percorrerá o Sendeiro do Litoral. O 25 de xullo continuarase polo Sendeiro de Ermelo; o 8 de agosto, pola Ruta dos Pazos; o 15 de agosto, polo Sendeiro de Beluso; o 22 de agosto, polo Sendeiro de Ons; e o 29 de agosto, culminarase na Ruta dos Abades de Cela.
As camiñadas arrancarán ás 10 h da mañá e percorreranse todas as parroquias e puntos de interese do Concello, co obxectivo de dar a coñecer a fondo a vila morracense.